Alfredo García pon en valor o “feminismo e a memoria histórica” para que dende este domingo 23 de xaneiro o partido socialista de Ourense sexa un partido con futuro

Alfredo García pon en valor o “feminismo e a memoria histórica” para que, dende este domingo 23 de xaneiro, o partido socialista de Ourense sexa un “partido con futuro”. Onde a “xente nova” teña oportunidades, se desenvolvan proxectos con “ilusión” e se “teña en conta a experiencia de quen leva toda a vida coa “acción política e o progreso no seu seo”.

Despois do acto do pasado luns no que se lle deron “voz ás mulleres e concelleiras socialistas” de Ourense ante a necesidade de “romper roles” e “mellorar a visibilización das mulleres na política ourensá e nos cargos institucionais”, así como atallar o “problema da conciliación familiar”.

AVANTAR ACTIVIDADES

García sentouse de novo a escoitar aos militantes socialistas de Ourense e comprometeuse a que a memoria histórica deixe de ser unha promesa incumprida que quedou en saco roto hai catro anos creando un equipo de traballo para elo e realizando actos institucionais que devolvan a memoria ás familias. O acto tivo lugar na explanada do claustro de San Francisco, como lugar de referencia da memoria histórica orensana baixo o lema “que non nos borren a memoria”.

O candidato estivo acompañado por militantes destacados neste ámbito como Javier Quintas -delegado da fundación Luis Tilve e exsecretario de memoria histórica do PSdeG de Ourense-,  Xose Lois Carrión- fundador da asociación “Amigos da República de Ourense”- e David Simón – presidente da asociación “Amigos da República” quen lembraron a necesidade orgánica do partido socialista de ter a sensibilidade de restablecer a memoria e abogar pola financiación coma a creación dunha rede de “centros para a memoria”.

ALFREDO GARCÍA AMOSA FORZA COA MILITANCIA DE CARBALLIÑO ANTE A NECESIDADE DE UNIR O PARTIDO E ONDE TODOS E TODAS “FALEMOS, ESCOITEMOS E NOS COÑEZAMOS”

O candidato á Secretaría xeral do PSdeG-PSOE de Ourense salientou onte, nun acto no que a sede local dos socialistas de Carballiño se encheu de militantes e ilusión, que o único pacto que ten é coa “militancia socialista da provincia de Ourense”.

García estivo acompañado polo alcalde de Carballiño, Francisco Fumega, quen puxo de relevo “a gran labor” como alcalde e xestor do candidato de O Barco.