Comunicado dos veciños da rúa Ourense sobre as obras pendentes de realización

Un grupo de veciños da rúa Ourense fannos chegar o seguinte comunicado:

Somos moitos os veciños da Rúa Ourense que queremos amosar o noso escepticimo, cautela e dúbidas sobre o anuncio nalgunhos medios de comunicación, da intención do Concello do Carballiño de abordar e acometer as obras tan necesarias na rúa Ourense, debido a problemas gravísimos no saneamento, mal estado das tubaxes de abastecemento de auga, problemas de inundacións derivadas das augas pluviais, limpezas da rúa e contornas, ademais da necesidade de humanización e mellora na iluminación da mesma ou os graves perigos en canto a seguridade vial, nin que dicir ten que se trata dunha das arterias principais do Carballiño, ademáis de ser unha das zona de crecemento natural do casco urbano do Carballiño para os vindeiros anos, por eso queremos transmitir que a rúa non pode agardar máis demoras. O escepecticismo dos veciños cara a realización deste proxecto, ben dado porque dende fai dous ou tres anos o alcalde do Carballiño adquiriu un compromiso cos veciños e públicamente en que as obras quedarían adxudicados no ano 2021; nun primeiro momento tras ensinarlle o proxecto os veciños, asegurou que as obras se ían acometer con parte do remanente do propio concello, máis tarde que unha parte ía ser financiada con fondos da Xunta de Galicia, a cuestión é que pasou o 2021 e agora existe un anuncio sobre a posible financión da Confederación Hidrográfica Miños Sil, pero en ningún momento se fala de prazos e tempos concretos, dahí o pesimismo, prudencia e cautela con que moitos dos veciños acollemos estas noticias. Así e todo os veciños seguiremos traballando e colaborando co Concello e o alcalde do Carballiño, como sempre se fixo ata o día de hoxe, para levar adiante este proxecto totalmente necesario para os veciños e o propio Concello do Carballiño, ademáis emplazamos ao alcalde do Carballiño a que se comprometa a dar unhos prazos concretos de adxudicación e execución das obras.

AVANTAR ACTIVIDADES