Alfredo García puxo de manifesto a necesidade de “fortaleza, unidade e novo proxecto político” formado por un “equipo de persoas con valía” para liderar a alternativa de esquerdas que Ourense precisa

O candidato lembrou a situación na que se atopa a cidade cunha dous anos de xestora onde se lle roubou a voz á militancia co único fin de controlar o partido esquivando a democracia e a participación

García aproveitou para dar as grazas ás militantes e os militantes socialistas pola súa boa acollida da candidatura neste proceso e todo o apoio recibido

AVANTAR ACTIVIDADES

Alfredo García puxo de manifesto a necesidade de fortaleza,  unidade e novo proxecto político formado por un equipo de persoas con valía para liderar a alternativa de esquerdas que a cidade de Ourense precisa máis que nunca” con xente nova e xente con experiencia; despois de 7 anos de degradación política da cidade e das institucións. “Ourense está agardando ao PSOE na cidade”, destacou García, para que deixen de primar os “individualismos” e comencemos a “importar todos e todas”.

O candidato á secretaría xeral do PSdeG-PSOE de Ourense celebrou esta tarde o encontro central coa militancia da cidade de Ourense no penúltimo día de campaña para as votacións das primarias que se realizarán o vindeiro domingo, 23 de xaneiro acompañado pola vicevoiceira socialista no Concello de Ourense, Natalia González Beneitez. García lembrou á militancia a “gravidade” do sucedido en Ourense onde o partido se encontra baixo unha xestora “creada sen xustificación” e que, actualmente, é a “máis longa da historia” do partido pasando dos 90 días estatutarios aos 2 anos de “parálise” que se dan na actualidade. Neses 2 anos “roubóuselle a voz á militancia” co único fin de “controlar o partido esquivando a democracia e a participación”.

Nese senso, García destacou os erros que se deron por parte da dirección do partido despois das eleccións de xuño de 2019, tralos bos resultados das municipais onde a actual dirección “non falou nin cos representantes e alcaldes da provincia nin se actuou con transparencia coa militancia cometendo as mesmas irresponsabilidades coas que actuaría o PP” e sendo un “fracaso absoluto”. E destacou as falsedades vertidas pola actual dirección, lembrando que os mellores resultados dos socialistas foron os obtidos nas eleccións de 2011 con 20000 votos e nas eleccións autonómicas se pasou a ser terceira forza política. Así mesmo, preguntouse por qué o actual secretario se “negou a ter un debate entre as dúas candidaturas durante a campaña, cando hai catro anos, non soamente o houbo, senón que foi él quen o pediu”.

García aproveitou para dar as grazas ás militantes e os militantes socialistas pola súa boa acollida da candidatura neste proceso e todo o apoio recibido ao longo da provincia e das comarcas nas últimas semanas e fixo un último chamamento á mobilización para o domingo.