O Psedg propón a tramitación do aumento de rendementos das explotacións da denominación de orixe do Ribeiro

A portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, presentará na Comisión de Agricultura que se celebra no Parlamento mañá venres, a partir das 10,30 h., unha proposición non de Lei para instar á Xunta de Galicia a resolver de forma inmediata a tramitación do aumento de rendementos das explotacións aprobado polo Consello Regulador da Denominación de Orixe do Ribeiro.

Poden seguir a intervención en directo na web do Parlamento de Galicia:

AVANTAR ACTIVIDADES