Gabriel Alén subliña a importancia dos coworkings na consolidación de proxectos innovadores de emprendemento

No acto de exposición dos tres novos espazos de traballo colaborativo que a Vicepresidencia económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación vai botar a andar na provincia

  • O delegado territorial significou que este tipo de lugares de traballo están destinados a emprendedores que contemplan no seu conxunto distintas actividades e asesoramento, deseñados para aumentar as posibilidades de éxito de proxectos innovadores en fases temperás de desenvolvemento
  • Gabriel Alén, nun acto informativo coa cooperativa Trictrack Circuítos Permanentes S.C.G, chama a participación dos  emprendedores e subliñou que hai un total de 60 prazas (20 prazas para cada un dos espazos coworking), dentro dun período de inscrición que está aberto ata que se cubran as prazas
  • Esta edición contará con tres novos espazos na  provincia: Coworking Mancomunidade de Carballiño,  Coworking Valdeorras, con sede na Rúa e Coworking Tecnópole, con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas

O delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, explicou esta mañá que o Goberno galego activará, neste mes de xaneiro, tres novos espazos coworkings na provincia de Ourense. Este tipo de lugares de traballo, -segundo Gabriel Alén- están destinados a emprendedores que contemplan no seu conxunto distintas actividades e asesoramento, deseñados para aumentar as posibilidades de éxito de proxectos innovadores en fases temperás de desenvolvemento, e teñen permitido ata o de agora impulsar un cento de iniciativas emprendedoras na provincia. A finalidade é a de favorecer o impulso de zonas rurais ao achegarse un programa de alto valor engadido a estas contornas.

O delegado territorial, nun acto informativo coa cooperativa Trictrack Circuítos Permanentes S.C.G, sinalou a importancia deste tipo de iniciativas para aquelas persoas que teñan unha idea de emprendemento ou un proxecto en mente e non saiban como desenvolvelo; e subliñou que hai un total de 60 prazas (20 prazas para cada un dos espazos coworking), dentro dun prazo de inscrición que está aberto ata que se cubran as prazas.

PUBLICIDADE ELECTORAL