Manuel Baltar: “O PP é único partido que defende unha administración tan básica no territorio como as deputacións”

Na Interparlamentaria do PPdeG, celebrada na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela

O presidente dos populares ourensáns lembrou que os gobernos provinciais cumpren neste ano o seu bicentenario “con saúde ferro, aínda que sempre hai quen quere suprimir estas institucións cando non ostentan o seu poder, o que quere dicir que realmente queren suprimir aos presidentes do PP, de aí a súa incoherencia”

·      Manuel Baltar explicou a estratexia de goberno na Deputación de Ourense, baseada na planificación, a previsión, transparencia, cooperación institucional e a imaxinación

PUBLICIDADE ELECTORAL