O Campo da feira do meu Carballiño

IES CHAMOSO LAMAS

Por Felipe-Senén

Aqueles días de feira da metade do século XX no Carballiño eran como xornadas de festa.  De muda ou estreas, de arranxos, de paseo  sobre todo de compras. Festa pra todos compartida dos nenos cos vellos, das viúvas de vivos e emigrados, en loitadas coa dignidade dos brincos de ouro, cos seus mantóns de veludo as das aldeas do Paraño. Encontros convocados cada  16 ou derradeiro día do mes. Datas incluídas nesa santísima trindade galega, ben definida nas cabeceiras daqueles curiosos autobuses de manivela, sucesores dos carromatos arrieiros: “Feiras, Festas e Romarías”. Trindade para o encontro nesa lei da oferta e da demanda que vencella o traballo dos carballiñeses de entón.  Toda a vila  multiplicaba a esencia da que nacera: nun gran campo de feira pra expresar a súa ansia de vivir, repartido en postos e especialidades.

HIPER MASIDE

 Nin a mesma Santa Madre Igrexa podía coa convocatoria da feira…os días de feira eran días de feira, pese a quen lle pese, celebre o que se celebre ou morra quen morra….mal agoiro e ruín sorte morrer nun destes concorridos días.

Feira na Rúa Maior do Carballiño

E entre aqueles  días os grandes feiróns estaban convocados dende tempo ancestral en cada 16 de setembro, o día do Patrón, o San Cibrao, así como o derradeiro día do ano,  coincidindo coa noutrora tan celebrada noite, a das despedidas e lumaradas pra esperanzas novas, a que convocaba cos vivos aos seres do Trasmundo, almiñas errantes, meigas e trasgos… a noite do santo dos exorcismos, o san Silvestre.

 Era tamén o día de pagar e cobrar as rendas, no que se aproveitaba pra saír da casa, si acaso ir ao barbeiro, á  botica, á ferraxaría, de facer o encargo dun arranxo ou simplemente pra cumprir o ritual de facerse ver, renovar amizades, de dar un paseo arriba e abaixo da rúa maior.

Era aquela xente da noite, dos que, cara á feira recorrían ducias de quilómetros andando e aguilloando o gando, sorteando tantos perigos: que  si unha besta torce unha pata, cae por unha barranqueira, que se espanta ou se perde…. Xente que nos seus intres de vagar, recoñecía terse topado nesas coa estadea, coa compaña ou coa mesma Pepa Loba. Xente curtida nos camiños, que co alborear, con treboada o coa calma do amencer, tomaban sitio na súa parte no lugar da feira, non sen antes ter tomado o seu almorzo, consistente nun bo lingotazo de licor café ou papas de pan de broa molladas en viño tinto e con azucre, santo remedio contra as xeadas do inverno. Mañanciñas onde o bafo do alento sinalaba vida , palabra e trato que se pecha con forte choque de mans e despois de terlle mirado boca, ollos, orella e rabo ao animal de interese. Negocio feito co que nacía tamén unha amizade e unha certa seguranza sobre a vida do animal. Sabíase quen era de lei e o que xa non concorría ás feiras por unha ou outra falcatruada.

Campo da feira do Carballiño 1930 (Postal)

O funcional mobiliario daquelas feiras pra montar, desmontar e amorear

Pola mañá cedo o chegar, bulir e algarabía dos feirantes, dos autobuses, entre o carrexar, o montaxe, artellando as táboas e os toldos de lona  branco dos postos, un sistema funcional, eternamente contemporáneo e rápido de ensamblaxe do tarabelaxe de encaixe, a maza e man. Varas, táboas, cabaletes e andeis que moitas veces xa quedaban de feira en feira amoreados baixo algún pendello ou árbore. Os estudos etnográficos esquecéronse de documentar algo que tanto nos caracterizou e puxo a proba a intelixencia popular.

A medio día o centro da vila, ao ao longo da calle maior e da rúa do medio e das prazas era un fervedoiro no ires e vires da xente como buscando algo: entrar e saír das tendas, pararse nos postos, remexer entre os produtos, facendo corro arredor dun titiriteiro ou dun adiviño, do neno que tiña na lingua unha cruz branca ou  da vaca Anita de dúas cabezas e dous rabos… a facer cola na sorte do paxariño ou das vendedoras de rosquillas. Unha presa de rosquillas ensarilladas nunha gaia de vime era o esencial souvenir, o  enxebre testemuño e agasallo de ter estado na feira.

Aqules coches das feiras e festas

A feira tiña o seu xeito de imperecedoiro ritual e espontánea liturxia, ao menos iso parecía: cada cousa no seu sitio e a cada hora do día as súas costumes. Ben se sabía que o ser humano está afeito a un ritual mecánico de horas e sitios, e así funciona o Instinto: a feira do gando, a que caracterizou ao Carballiño nas súas orixes, naqueles anos estaba nunha campa, eses amplos espazos de chan de terra, versátiles, os  que nunca debe faltar en toda poboación: campas pra grandes eventos de montar e desmontar, as casetas, un circo, onde acender as fogueiras …e a feira e o Carballiño naceu dunha desas campas e foi mudando e ampliándoas, dende as primeiras que acabaron reducíndose, edificándose e converténdose en Praza Maior. E ese campo de feira dos anos aos que nos referimos agora, aberto ao “cruce de arriba” ou “cruce de Ourense”, onde parten os camiños que levan á capital da provincia, a Cea e mesmo ao Irixo.  Ali mesmo, a carón, e por este motivo estaban, entre outras as dependencias de empresas de transportes as do Auto Industrial e moitos galpóns que foron reconverténdose en almacéns estables, tabernas e mesóns. Amplo espazo, repartido en pseudoacacias Robinia, arbores de pouco porte, pero fortes e tupidas de folla no inverno, de rama espiñenta, de vello orixinarias de Norte América, moi comúns naqueles anos na decoración e na utilidade urbana como nas vilas de ferira, as que tanto servían pra atar os animais como pra protexelos do sol. Este era o sitio da feira do gando, célebre en inicio polos cabalo, e non era pra menos nunha vila por excelencia arrieira, moi solicitados,  ata que entrado o século XX os autobuses e o tren supliron a aquelas xentes nacidas do camiño. Logo a feira do Carballiño tivo grande sona polo gando vacún, dende o ano 1941 convocándose nas festas de setembro concurso comarcal de gando enxalzando a raza rubia galega, con desfile de exemplares premiados ante autoridades civís, militares e eclesiásticas tamén: as vacas leiteiras, as de carne, os sementais… a paso lento tiradas polos seus orgullosos amos, con aguillada en man.  Impoñéndolles un competente xurado de veterinarios, gandeiros sabidos as súa bandas e escarapelas, os gandeiros recibindo os trofeos….. Mercado cabalar que caracterizou tantas feiras de vilas e cidades afeitas aos camiños, entre elas Compostela ou Padrón e Compostela. Non faltaba na feira do Carballiño os improvisados currais de táboas:  para a ovella, os años e máis que nada o porco, tan esencial á cada  casa e a cada San Martiño dos Magostos. Era esta parte a máis enxebre da feira, un rebulir de mozos vestidos de blusóns grises, negros e azuis sobre a pana verde, de boinas negras caladas, de caxatas e aguilladas, como cetros do feirante.

A xornada de encontro, de revitalización da tribo, era moito máis que no campo da feira e arredor do gano: cada cousa que se buscaba tiña o seu sitio aquel día e outras podían aparecer no recorrido ao longo da vila. A sorpresa caracterizaba o cerimonial popular da feira. Volveremos a ese paseo.

—————————————————————————————————

Traxectoria e obras de Felipe Senén

—————————————————————————————————

Outros artigos de Felipe Senén:

A peregrinación a Compostela dos de “Nós”, con parada e fonda no Carballiño

Vicente Risco e a peregrinación como ascese. A viaxe a pé de Ourense a Compostela…polo Carballiño

Fariña Jamardo, algo máis que singular secretario do concello do Carballiño

O Carballiño nos horizontes da Trasalba de Otero Pedrayo

O Río Arenteiro, vea de auga, de economía, de historia e cultura

Francisco Luís Bernárdez, o poeta masidao que levaba prendido o panteísmo galego

O Castro de San Cibrao das Las enxergando as bocarribeiras e os ribeiros

Chamoso Lamas e os vellos e grandes muíños de Moldes

O Románico, documento da misión humanista no territorio do Carballiño

Banga dos pazos e a súa Igrexa de Santa Baia: antoloxía cultural dos Ribeiros

Inspiradores ires e vires de Marineda á Vilamorta no Ribeiro dos Quiroga

Os arrieiros do Carballiño…e un curioso documento

Un paseo a través da arte do imperial Mosteiro de Oseira

O mosteiro de Oseira… lección de historia e arte

Manuel Chamoso Lamas e a xestión do Patrimonio Cultural

Cando a orixinalidade radica nas orixes: arredor da feira do Carballiño

Outros apuntamentos para a historia do cine no Carballiño

A Residencia do Carballiño: os promotores, o arquitecto, os residentes…

O monumento aos irmans Prieto do Carballiño e o seu escultor Larrauri

Arqueoloxía do Megalitismo nas Terras do Carballiño: as mámoas, medorras, medelas…

As pantasmas do histórico “Gran Balneario do Carballiño”

Arredor do paleolítico nas terras do Carballiño, as pescudas…

O mes de maio no Carballiño…. “aqueles días azuis e este sol da infancia”

Ramón Bernárdez González, un carballiñés na “Cova Céltica” e fundador da Academia Galega

A Igrexa Vella do Carballiño coa súa gabanciosa torre

O desaparecido chalé “Col” e a lembranza da emigración carballiñesa a Cuba

O biscoito “meimón” do Carballiño e a súa receita recollida pola Pardo Bazán

Aquelas Semanas Santas carballiñesas, de ramos, carracas, caladiños e Pascua Florida

Arqueoloxía pendente: a das grandes minas auríferas de Loureiro, no Irixo

Unha abraiante xoia da arqueoloxía: a arrecada de ouro do Irixo

Memorias da Coresma

As tradicións do Entroido do Carballiño

A Casa Consistorial do Carballiño, prototipo de inquedanzas decimonónicas

A novas revisións máis “ CASTROS” nas terras do Carballiño

O Catálogo dos Castros do Carballiño do 1930… e máis que hai

Lembranzas do Nadal de noutrora no Carballiño

Os esquecidos cantos de Nadal, Aninovo e Reis do meu Carballiño

O reloxo da Consistorial do Carballiño e o seu xenial autor

A Veracruz do Carballiño: lección de pedras, arte dos canteiros e da historia da arquitectura

Pepe Prada, un premio á creatividade, á constancia e á dignidade na cultura

A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza

Mes de santos, defuntos e magostos no Carballiño de noutronte

A Fonte de Flores, abrindo ao Carballiño

Un exemplo de destrución cultural : a Igrexa de San Paio de Loeda, Piñor de Cea

A parroquia de Loureiro, no Irixo, e o arquitecto neoclásico Loys Monteagudo

Lembranzas de pintura mural no Carballiño

Machados de “tope” da Idade do Bronce atopados no Monte de Mesego

A imaxe do San Cibrao do Carballiño e o seu escultor, Aldrey

As augas e as fontes do Carballiño

Vestixios de habitat e sepulturas da Primeira Idade dos Metais no Parque do Carballiño

Noticia sobre restos romanos no patio traseiro do Grupo Escolar do Carballiño

O pintor de Marín Manuel Torres no Carballiño

E así naceu “o Cantigueiro de Orcellón” de Manuel María e algo máis…

Manuel María, o Carballiño, as bocarribeiras e os ribeiros

A madeira nas máis antigas construcións do Carballiño

Pasado e tristeiro presente da Estación de Ferrocarril do Carballiño

O sitio arqueolóxico da Pena dos Namorados

O Castro de Cameixa referente na arqueoloxía galega

Terra, Auga, Aire e Lume no San Xoán de antes

Historias e lendas arredor do Puzo do Lago, Maside

Apuntamentos arqueolóxicos sobre as terras do Carballiño