A construcción da cuberta da nova residencia de Aspadisi permitirá a volta dos usuarios en febreiro

As obras para a construción da residencia para os usuarios da asociación ASPADISI continúan a bo ritmo. Nos últimos días avanzouse na construcción, co afinazamento da primeira planta, que será onde esté ubicada. Nestes intres traballan na instalación da cuberta, a parte da construcción que máis urxía para poder volver a poñer en funcionamento o centro mentres continúan os traballos. A finais do mes de febreiro, os usuarios xa poderán voltar ás instalacións, xa que as obras avanzan no plazo estimado. Dende a directiva aseguran que o prazo para o remate da obra será a finais de ano.

Esta residencia contará con 32 prazas para usuarios e para as súas familias. Algúns dos servizos requeridos xa están en uso grazas á ampla variedade de actividades e servizos que xa ofertan, como o de comidas, con cociña integrada.

AVANTAR ACTIVIDADES