A Xunta lanza unha liña de axudas para as Agrupacións de Protección Civil

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar o anuncio da orde de axudas destinadas a financiar os gastos das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) dos concellos de menos de 50.000 habitantes, aos que a Xunta destina un orzamento de 340.000 euros.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

As achegas poderán destinarse a necesidades como equipamento e uniformes; equipos de prevención e protección, sempre que se trate de material fungible; así como os gastos de actuación desenvolvidos pola agrupación ou ocasionados pola formación dos seus membros e o pago de seguros para o voluntariado. Tamén se cubrirán os gastos derivados do mantemento, transporte, ou conservación e aluguer da base e dos medios de intervención.