O concello do Carballiño segue no descenso de casos baixando ós 313 contaxios, 15 menos ca onte

A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, rexistra hoxe 313 casos activos, 15 casos menos ca onte. Maside baixa cinco casos ata os 35. Boborás mantén os 35. Punxín baixa tres casos ata os 21 casos. San Cristovo de Cea sobe dous contaxios ata os 21. San Amaro baixa tres casos ata os 13 positivos. Piñor baixa tres casos ata os 7 contaxios. O Irixo sobe dous casos ata os 11 positivos e Beariz mantén os 5 casos.

No Ribeiro, Ribadavia baixa 7 casos ata os 114 casos activos. Leiro sobe tres casos ata os 38 contaxios. Cortegada baixa catro casos ata os 26 positivos. Carballeda de Avia baixa dous casos ata os 26. Arnoia baixa dous casos ata os 22. Avión sobe dous casos ata os 26. Melón sobe un caso ata os 15 casos. Cenlle e Castrelo de Miño contan con sete casos cada un. Beade mantén catro casos.  

AVANTAR ACTIVIDADES

A comunidade galega rexistra hoxe 7.007 contaxios. O número de casos activos volve a descender hoxe ata os 65.841. A ocupación das camas dos hospitais increméntase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 48 (+1) están en UCI e 582 (-1) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 682 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais volven baixar ata os 6.767 casos activos. Os hospitais hoxe presentan 72 (-1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 6 (-1)  na UCI.