A CHMS investirá 192.000€ en actuacións de restauración hidrolóxico-forestal na contorna do río Limia

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ( CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, adxudica as obras de restauración hidrolóxico-forestal de varias zonas do río Limia, dentro do Proxecto de Cooperación Transfronteiriza (POCTEP) Fronteira Esquecida, nos TT.MM. Muiños e Bande (Ourense), adxudicado á empresa VIPECA Obras e Servizos, por importe de 191.982€.

Actuacións
Nas inmediacións do pobo de Rañadoiro e na contorna do encoro de As Cunchas, en Muiños, procederase á retirada de árbores caídas ou debilitadas en zona en zona de DPH e servidume. Tamén se realizarán podas e rozas selectivas de vexetación de ribeira, por último, realizaranse plantacións de exemplares de especies autóctonas nas zonas onde se considere necesario.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por outra banda, en Ponche Soutelo, situado no municipio de Bande, procederase á rehabilitación da ponte que leva anos debilitado e con perigo de derrube; o proxecto está redactado e aprobado, e co procedemento de contratación da obra iniciado.

As obras proxectadas comezarán no mes de febreiro e prolongaranse durante 4 meses.