A Xunta e o comité clínico publican un protocolo para a celebración do Entroido

A Xunta de Galicia, co aval do Comité Clínico, elaborou un documento de actuación para o Entroido. O documento pon en mans dos concellos a necesidade de garantir a distancia de seguridade de 1,5 metros e o uso de máscaras.

Estarán permitidos os desfiles, exhibicións de música ou danza itinerante en espazos libres con público e debe ser a autoridade municipal correspondente a que determine as “condicións” nas que se celebran. Previamente á celebración, delimitarase o espazo ou itinerario, co fin de “tratar de manter a distancia de seguridade interpersoal entre os participantes e o público asistente”.

AVANTAR ACTIVIDADES

No caso de que se organicen estáticos, deberán realizarse en espazos perfectamente delimitados aos cales unicamente se poida acceder polos accesos autorizados; co 100 % da ocupación máxima permitida. Na zona de público non están permitidas as carpas con lonas laterais que impidan a ventilación. Poderá contemplarse o servizo de comida e bebidas se se realiza en espazos habilitados para cada sector.

O documento íntegro pódese consultar no seguinte documento: