Desvalixan a Fonte do San Benito do Marañao

Uns veciños de Seoane fannos chegar o seguinte comunicado

COMUNICADO:

AVANTAR ACTIVIDADES

Os amigos do alleo aos poucos van desvalixando unha fonte e as súas pertenzas no concello de Carballiño.

Esta, que foi creada polos veciños de Mouriz de Seoane en debocion a SAN BENITO DO MARAÑAO, e mantéñena limpa de maleza (xa que o concello esqueceuse que existe).

A principios do ano pasado fáltolle unha estatua con unha placa que poñia (FONTE DO SAN BENITO), e esta semana unha pomba de pedra que tiña na cima do capitel e a pía de pedra onde caía a auga.

Con ésto queremos reflectir a impotencia e o desgusto dos veciños deste pobo e pedir máis vixilancia e que se reparen os danos da nosa fermosa fonte.

Un saúdo e grazas por facelo público.