Dobre carteleira no Novo Cine de Leiro para esta fin de semana

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleria para esta fin de semana a súa carteleira pensando no público adulto, cun filme de crime e suspense e con outra opción de humor.

Por unha banda, “El callejón de las almas perdidas”, estreada no ano 2021. Un estafador ambicioso con talento para enganar e manipular á xente fai equipo cunha muller que é aínda máis perigosa ca el. Poderase ver o venres, sábado e domingo en sesións ás 20:00 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por outra banda, está o filme “Mamá o papá”,  que se poderá ver o venres, sábado e domingo ás 16:00 horas e ás 18:00 horas e o luns e xoves próximos ás 20:30 horas. Recordamos que para acceder é preciso presentar o certificado covid.