Moción do Bng sobre medidas para facilitar o acceso á vivenda no concello de Ribadavia

propomos medidas para que ribadavia aproveite a súa privilexiada situación para atraer poboación, a través do acceso á vivenda privada actualmente desocupada

Unha das realidades máis preocupantes para o presente e futuro de Ribadavia é a perda de poboación. Os últimos datos sinalan unha poboación empadroada de 5.005 persoas, polo que cada ano o noso concello atópase máis preto de baixar dos 5.000 habitantes.

AVANTAR ACTIVIDADES

Non se trata dun fenómeno que afecte só ao noso concello e non resulta fácil de atallar, pero na provincia de Ourense hai concellos que están mantendo a súa poboación e comporten unha serie de características que tamén posúe Ribadavia: proximidade xeográfica a Ourense e a súa área metropolitana, vías de comunicación de alta capacidade no eixo que enlaza Vigo coa Meseta, ampla dotación de vivenda desocupada, oferta comercial e de servizos públicos como cabeceira comarcal.

Asemade os cambios que se están a producir coa pandemia indican que Ribadavia pode atrae poboación que agora busca vivir en lugares accesibles pero menos conxestionados, e o maior potencial para elo reside na vivenda privada que se atopa desocupada no noso concello.

Polo que propomos unha serie de actuacións a través dunha moción que se vai debater no pleno municipal de mañá xoves 27 de xaneiro:

– Desgravacións fiscais en impostos municipais (Imposto sobre Bens Inmobles, Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras) ás vivendas particulares desocupadas que sexan rehabilitadas e pasen a ser habitadas tanto en réxime de aluguer como de compravenda.

– Posta a disposición como vivenda de alugueiro social dos inmobles propiedade de ADIF localizados na estación de ferrocarril.

– Solicitar a declaración comoÁreas de Rehabilitación Integral (ARI) de todos os núcleos urbanos situados no concello de Ribadavia que poden ser declarados como ARI.

– Creación dun catálogo público de vivenda a alugar e rehabilitar, para por en contacto a propietarios e interesados en vivir no noso concello e dinamizar a rehabilitación e ocupación do parque de vivenda xa existente.

MOCIÓN SOBRE MEDIDAS PARA FACILITAR O ACCESO Á VIVENDA NO CONCELLO DE RIBADAVIA

Unha das realidades máis preocupantes para o presente e futuro de Ribadavia é a perda de poboación. Non se trata dun fenómeno que afecte só ao noso concello se non que é común a todas as comarcas do interior e non resulta fácil de atallar, pero os últimos datos oficiais sobre o padrón municipal indican, que na provincia de Ourense as únicas zonas que están mantendo a súa poboación son as que comporten unha serie de características que tamén posúe Ribadavia: proximidade xeográfica a Ourense e a súa área metropolitana, vías de comunicación de alta capacidade propias do eixo que comunica Vigo coa Meseta, ampla dotación de vivenda desocupada, oferta comercial e de servizos públicos como cabeceira comarcal. Sen embargo, os datos do padrón municipal non indican que Ribadavia estea aproveitando este potencial.

Xa que logo, é necesario activar todos elementos con que o noso concello conta para atraer segmentos de poboación que tratan de vivir en lugares menos conxestionados e máis accesibles cas áreas urbanas, e o maior potencial para elo reside na vivenda privada que se atopa desocupada no noso concello.

Non só se trata de atraer poboación e manter ao concello do Ribadavia por riba dun limiar de poboación, se non que tamén supón un aproveitamento máis eficiente dos recursos, xa que o gasto en servizos públicos non se incrementará para este concello e si os ingresos derivados da súa prestación.

Tamén se trata de dar saída a un ben patrimonial moi importante, como é o da vivenda, que ao quedar deshabitado se converte máis nunca carga que nun activo para os seus propietarios. Asemade, para os potenciais inquilinos o acceso a unha vivenda xa construída soe ser máis asequible.

      Por estes motivos propomos ao  Pleno do Concello de Ribadavia a adopción dos seguintes

ACORDOS:

1. O Concello de Ribadavia acometerá diversas actuacións para promover a fixación de poboación nas vivendas do noso concello que actualmente se atopan desocupadas:

– Desgravacións fiscais en impostos municipais (IBI, ICIO) ás vivendas particulares desocupadas que sexan rehabilitadas e pasen a ser habitadas tanto en réxime de aluguer como de compravenda.

– Posta a disposición como vivenda de alugueiro social dos inmobles propiedade de ADIF localizados na estación de ferrocarril.

– Solicitar a declaración comoÁreas de Rehabilitación Integral (ARI) de todos os núcleos urbanos situados no concello de Ribadavia que poden ser declarados como ARI.

– Creación dun catálogo público de vivenda a alugar e rehabilitar, para por en contacto a propietarios e interesados en vivir no noso concello e dinamizar a rehabilitación e ocupación do parque de vivenda xa existente.