Comunicado do Bng de Castrelo sobre a aprobación do Pxom despois de 14 anos

Dende o BNG de Castrelo de Miño non podemos máis que alegrarnos da
aprobación definitiva do PXOM de Castrelo de Miño. Iniciado no 2008 polo
recente goberno do BNG no concello, foron 14 anos de voltas e
reviravoltas que lle deu a Xunta, e as diferentes consellerías cambiando
a súa propia nomenclatura en algunha ocasión e obrigando a refacer todo
de novo.
Foron 14 anos de intenso traballo por parte do goberno do BNG, dos
funcionarios do concello e do equipo redactor, aos que dende aquí lles
achegamos a nosa gratitude polo esforzo e implicación.
Mañá, 28 de xaneiro, vén a conselleira de Medio Ambiente asinar a
aprobación definitiva do PXOM á casa do concello xunto co ilexítimo
alcalde que se porá medallas sen merecelas!
Ser como for, é unha moi boa nova para toda a veciñanza de Castrelo de
Miño, dado que se van ampliar os núcleos rurais edificables, aséntanse
edificacións que estaban fóra de ordenación e establécense dúas novas
zonas urbanas e unha nova zona para un parque empresarial, e todo isto,
pondo en valor o patrimonio do concello e respectando os espazos
naturais.