O Carballiño incrementa o seu padrón en 2022 logo do baixón poboacional do pasado ano

Os datos o Instituto Nacional de Estatística amosan un descenso de poboación no padrón no ano 2021 no Carballiño, baixando ara os 13.911 habitantes. Trátase da terceira caída anual máis grande durante os últimos 40 anos, dende 1981. Nesa mesma data, O Carballiño contaba con pouco menos de 11.000 habitantes, polo que dende entón, o afinzamento poboacional presenta boas cifras. Neste ano 2022, a situación é aínda mellor, subindo ata os 14.200 habitantes, sobre todo ca achega de xente de fora.

Como afirma o alcalde, Francisco Fumega, o crecemento natural presenta cifras negativas, xa que os nacementos seguen a ser moi inferiores ós falecementos, unha tónica que se repite en toda a comunidade.

AVANTAR ACTIVIDADES