O Psedg leva ao parlamento o “arboricidio” da universidade laboral de ourense, dependente da consellería de educación

IES CHAMOSO LAMAS

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, vén de presentar no Parlamento unha serie de iniciativas diante do “arboricidio” rexistrado a comezos de ano nos xardíns da Universidade Laboral de Ourense. A responsable socialista reclámalle ao goberno galego que se pronuncie pola “corta masiva de árbores” rexistrada nesta Universidade competencia da Consellería de Educación.

Sinala que a Xunta “ten que tomar cartas no asunto para que non se volvan reiterar talas abusivas na cidade de Ourense”, que ademais “carece de zonas verdes”. Reclámalle que explique no Parlamento “cando e como se iniciou o procedemento para estudar e valorar o apeo de árbores enfermas ou perigosas”, e que presente os “estudos de valoración facultativa ou puntos de obra solicitados ou tidos en conta, así como o informe de Patrimonio sobre esta intervención.

OZOCOgz Deseño Galego

Rodríguez lembra a sorpresa de profesorado e alumando cando o 10 de xaneiro retomaron a actividade lectiva comprobando a corta extrema “máis propia dunha instalación forestal que dunha actividade puntual nunha finca urbana”. A situación, que derivou nunha denuncia no Concello o 17 de xaneiro, parando a corta, o venres 21 “a empresa entra de novo no recinto con maquinaria pesada, realizando traballos de troceado do ramallo”.

Esta nova incursión provocou “chamadas á Policía e outro escrito de Amigos da Terra para que a paralización dos traballos sexa total ata que se resolva o conflito”. A parlamentaria socialista presenta na Cámara autonómica esta situación, difundida no seu momento por Amigas da Terra, e denunciada polo propio colectivo Amigos da terra e a Sociedade Galega de Historia Natural diante do Concello.

A corta, sinala, “apeou un número moi grande de árbores que en aparencia non estaban en risco, e deixou sen solucionar algúns exemplares que efectivamente non compren coas normas de separación e de seguridade”, derivado da “inexistente xestión e atención da masa forestal durante anos”. Sen embargo, a intervención converteuse nunha “nova desfeita ecolóxica” que ven se de sumar á tala masiva de árbores no entorno do río Barbaña.

Carmen Rodríguez lembra o valor natural destas árbores, integradas no proxecto das edificacións orixinais, deseñado polo arquitecto Cano Lasso en 1974, con diferentes tipos de piñeiros, sobreiras, érbedos, prunus ou quercus, e a distribución do espazo libre da finca, que “o configuraban como un auténtico xardín botánico forestal na cidade”.