PP e Jácome néganse a cumprir os criterios do consello de contas para repartir democraticamente fondos da Deputación de Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

“Non esperaba un ataque do PP ao Consello de Contas”, lamentou o líder socialista ante os “desprezos” e “medias verdades” por un “informe obxectivo” que “evidencia as súas vergonzas”, dixo Villarino

Os socialistas denuncian que PP, DO, BNG e tránsfuga Lama “prefiren manter a norma laboral unilateral de Rajoy fronte a nova lexislación do Goberno de Sánchez apoiada pola patronal e os sindicatos”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Partido Popular, Jácome e a tránsfuga, Montse Lama, negáronse hoxe a cumprir os criterios estipulados polo Consello de Contas para repartir democraticamente os fondos públicos da Deputación de Ourense. Os conservadores e conservadoras non votaron a favor dunha iniciativa socialista que, na súa proposta de acordo, recollía, punto por punto, as conclusións que o máximo ente fiscalizador galego estampou nun informe que fiscaliza os criterios de distribución entre concellos no período 2003-2019.

O voceiro socialista, Rafa Villarino, asegurou que estamos ante un proceder que non é “nin equitativo nin democrático” segundo as conclusións deste “órgano independente” e detallou algunhas cifras comparativas coas outras institucións provinciais de Galicia. O peso porcentual das achegas da Deputación de Ourense para cooperación municipal foi do 6 % no 2018, fronte ao 48 % da Coruña, o 28 % de Pontevedra e o 27 % de Lugo. No referente ao importe total, a deputación ourensá dedicou só 4 millóns a estes plans, fronte aos 76 da Coruña, os 42 de Pontevedra e os 21 de Lugo.

“Non esperaba un ataque do PP ao Consello de Contas”, lamentou o líder socialista ante os “desprezos” e “medias verdades” por un “informe obxectivo” que “evidencia as súas vergonzas”. “Estamos ante unha xestión ineficaz e ineficiente”, insistiu antes de denunciar que “centos de millóns de euros se foron polo sumidoiro” por culpa deste “reparto a dedo” do goberno de Baltar, DO e a tránsfuga Lama. “Vostedes están en contra dos ditames e recomendacións de Contas”, aseverou Villarino tras recordar á corporación que os puntos de acordo son “precisamente” as conclusións do ente fiscalizador.

“Todo o que se fai nesta deputación é clientelar, sen ter en contar a equidade, a coordinación ou a perspectiva de xénero, tal e como indica Contas”, advertiu o portavoz do PSOE antes de denunciar que o PP e os seus socios “xa perderon o pudor e por iso non lles importa votar en contra”. “A palabra democracia cáusalles sarpullidos”, concluíu.

A pesar de que Contas advirte, entre outras conclusións, que os criterios non son “obxectivos e equitativos” e que a distribución destes cartos de “forma discrecional” pasou de representar o 30 % en 2006 ao 76 % durante de 2016, PP, DO e a tránsfuga optaron por ignorar vergoñentamente un informe que evidencia un reparto “inxusto, insolidario e falto de toda transparencia” que “non cumpre cos criterios básicos dunha democracia”, insistiron desde o PSdeG.

A moción demandaba, unha vez máis, un plan que integre todas as axudas e unha regulación técnica para estes instrumentos. Tamén incluír neles todas as actuacións que respondan a este obxecto, usando convenios “a dedo” de forma excepcional e xustificando a súa elección. Igualmente esixía unha análise do custo dos servizos municipais nos criterios de reparto entre os concellos, puntos que deberían ter en conta a poboación; o número de núcleos habitados; a superficie ou o envellecemento dos empadroados, entre outros.

“O BNG prefire a normativa laboral unilateral de Rajoy”

O PSdeG-PSOE denuncia que o BNG sumouse hoxe aos conservadores da Deputación de Ourense, para non defender a aprobación da nova normativa laboral moderna e acordada, por primeira vez na historia, cos representantes sindicais, empresariais e do Goberno central. “É incomprensible que un partido progresista prefira manter a normativa regresiva aprobada a dedo e sen acordo polo goberno de Mariano Rajoy, antes que esta nova lexislación que nos sitúa á vangarda dos dereitos sociais e laborais de Europa”, proclaman desde o grupo provincial socialista.

Diego Fernández asegurou que “aínda que todos os actores seguro que tiñan outras pretensións iniciais”, o resultado que está en trámite no Congreso é “froito do diálogo” e do “acordo” para “avanzar”. O deputado socialista detallou que esta reforma servirá para “impulsar” a economía e a demografía de Ourense porque, entre outras razóns, “quita unha lousa de inxustiza sobre a mocidade da nosa provincia” que impuxo o texto de Rajoy. “Trátase dun éxito de país”, insistiu antes de salientar a importancia de avanzar na senda marcada por esta normativa “para cambiar o actual modelo produtivo” e de instar ao presidente Baltar a “falar coa CEO que tamén abandeira esta reforma”.

Durante a sesión o deputado reclamou o referendo unánime para “a creación de emprego estable e de calidade” e para “atallar a precariedade e o desemprego”, co fin de “impulsar o crecemento actual”. “Dicir non a esta lexislación laboral é dicir non ao progreso das nosas empresas e de todas as persoas”, aseguran os e as socialistas.

“Con esta reforma avanzamos en dereitos laborais e melloras salariais, pero non devaluamos as nóminas dos traballadores e traballadoras, como fixo o PP hai unha década”, insisten antes de destacar a “exemplaridade do acordo unánime acadado agora por todos os axentes sociais e non as contrarreformas de antes”. Desde o PSdeG-PSOE da Deputación de Ourense insisten en reclamar a todas as forzas políticas da provincia que “apoien este novo marco normativo pois, de non facelo, quedaremos co que tiñamos aprobado sen acordo por Rajoy no ano 2012 e as súas lamentables consecuencias”.