A deputada Luz Doporto participou na entrega de premios da proba solidaria de Pereiro

A deputada de Igualdade e Reto Demográfico da Deputación de Ourense, Luz  Doporto, participou esta mañá na entrega de premios  do  trail  do Pereiro e  andaina “Roteiro  Sicenata  Pacata”. A proba, organizada pola asociación de meniñas e  nenos e  xente  xove con  diabete (Anedia) coa colaboración de Deputación de Ourense e  o Concello de Pereiro de Aguiar, reuniu a máis de catrocentos participantes nun roteiro que reivindica a riqueza patrimonial do municipio.