A Xunta abre mañá o prazo para inscribirse nas oposicións para docentes

IES CHAMOSO LAMAS

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o anuncio das oposicións educativas para este ano, nas que se acumulan as prazas das ofertas públicas de emprego docente de 2021 e 2022.

O prazo de presentación de solicitudes ábrese mañá, día 1, ata o 21 de febreiro. Deberán presentarse por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

HIPER MASIDE

Deste xeito, a partir do 18 de xuño celebraranse as probas dun total de 2.484 prazas. Para mastres hai 950 prazas en 8 variantes; para profesorado de secundaria 1.171 prazas de 29; para profesorado de escolas oficiais de idiomas, 45 prazas e para profesores de artes plásticas e deseño, 8 prazas.