O Carballiño recupera a tendencia á baixa, baixando ós 291 casos activos nesta fin de semana

A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, rexistra hoxe 291 casos activos, 34 casos menos nesta fin de semana. Maside sobe seis casos ata os 40. San Cristovo de Cea sobe tres casos ata os 30. Boborás baixa once casos ata os 27. O Irixo sete casos ata os 20. Beariz e San Amaro contan con once casos cada un deles. Punxín baixa oito casos ata os 10 positivos. Piñor reduce os casos á metade, para contar con tres contaxios.

A comunidade galega rexistra hoxe 4.249 contaxios. O número de casos activos descenden hoxe ata os 62.867. A ocupación das camas dos hospitais descende. Do total de pacientes positivos en Galicia, 44 (=) están en UCI e 642 (+46) en unidades de hospitalización.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 378 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais baixan hoxe ata os 6.271 casos activos. Os hospitais hoxe presentan 87 (+13) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 4 (-1)  na UCI.