Ribadavia oferta prazas gratuítas na Casa do Maior para persoas dependentes.

A Casa do Maior é un novo servizo que botou a andar a comezo de ano e no cal aínda quedan tres prazas por cubrir. A previsión é que estas prazas se vaian movendo, xa que moitas persoas usuarias das Casas do Maior pasan co tempo a ser usuarias de Residencias de Maiores, polo que as prazas da Casa do Maior son moi dinámicas.  Funciona de 8.00 a 16.00 horas e ofrece servizo de catering.   Ribadavia 31 xaneiro.  A CASA DO MAIOR DE RIBADAVIA, “ALOUMIÑO”, foi a primeira Casa do Maior de Ribadavia, sendo posible grazas á subvención do 100% por parte da XUNTA, e grazas ao CONCELLO, quen dispuxo o inmoble e o local da Casa do Maior para a súa actividade.  Ademais, desde o Concello realízanse tarefas de información e tramitación para todos os veciños interesados en solicitar unha praza na Casa do Maior.  Recordamos que a Casa do Maior Aloumiño comezou a inicios de ano a súa actividade para persoas maiores de 60 anos, e con un custe gratuíto, en horario de 8h a 16h. Oferta ademais opcionalmente un servizo de catering diario a 5 euros.  A ubicación da Casa do Maior é no Complexo educativo da Alameda de Ribadavia, a carón da Escola Infantil “Galiña Azul”.  Trátase dun espazo reformado integralmente e adaptado a este novo servizo recentemente creado en Ribadavia.  As actividades que se ofertan na Casa do Maior de Ribadavia é de estimulación cognitiva, ximnasia de mantemento, manualidades, reforzo nas AVDs, e sobre todo compañía para aquelas persoas que viven soas e dependentes, como un servizo importante para a conciliación das familias.