A Deputación concede 100.000 euros para o novo centro cultural de Piñor

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida por vía telemática baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou a concesión a máis de 460.000 en subvencións para iniciativas de emprendemento e cooperación cos concellos. 

Na cooperación cos concellos, outorgaron 100.000 euros para a construción dun centro cultural en Piñor. Recordamos que no pasado mes de outubro, a conselleira de Infraestruturas e Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, visitaba o concello para asinar o convenio para esta construción, moi necesaria para os veciños do municipio.

AVANTAR ACTIVIDADES

A conselleira destacou a importancia desta colaboración entre administracións e do que suporá a creación deste espazo para o crecemento dos municipios do rural.


VIDEO SPOT PIÑOR en BADAL TV