Manuel Nogueira, voceiro do círculo local: “É unha boa nova que un goberno con Podemos responda a demandas históricas sobre o acceso a internet da veciñanza”.
O Círculo valorou moi positivamente o investimento do Goberno de coalición para levar a fibra ás zonas peor conectadas do concello a través do programa UNICO de Universalización de Infraestruturas dixitais para a cohesión. A formación vén de rexistrar unha petición para que o concello clarifique as rúas nas que a empresa Telefónica levará a cabo esta intervención de maneira coordinada co Goberno do Estado.
“É unha boa nova que un goberno con Podemos responda a demandas históricas sobre o acceso a internet da veciñanza”, declara Manuel Nogueira, quen considera que “o goberno de coalición está a dar un paso importante para a universalización do acceso a
internet na nosa vila e en outras moitas”.
Por iso dende Podemos O Carballiño presentan unha petición ao Goberno Local, para que informe das rúas nas que se efectuará esta intervención e comprobar así “se as necesidades de conexión a internet se verán integramente satisfeitas”. No caso de que
haxa zonas que non estean contempladas no programa do Goberno do
Estado, Podemos pediralle ao Goberno Local que busque solucións paralelas ao plan UNICO, co fin de que toda a veciñanza poida desfrutar da conexión a internet “independentemente de que viva no centro
D Manuel Nogueira Pérez , a efectos de notificación, como voceiro do Círculo de Podemos en O Carballiño ao amparo do disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, da Lei 19/2013 de 9 de decembro, de
Transparencia, acceso á Información Pública e Bo Goberno, da Lei Orgánica 4/2001, de 12 de novembro, Reguladora do Dereito de Petición, na propia LRBRL e na Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común (PACA) presentamos a seguinte pregunta que se formula ao final do presente escrito
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O ano pasado 2021 no mes de agosto o Goberno de coalición publicaba a convocatoria do programa UNICO-Banda ancha dirixido a operadores de telecomunicacións co obxectivo de conseguir o despregue de infraestruturas de banda ancha de alta velocidade,
capaces de prestar servizos de como mínimo 300 Mbps, escalables ata chegar a 1 Gbps.
Este programa canalizaría unha das principais inversións do Plan
de Recuperación, Transformación e Resiliencia na área da
conectividade dixital co obxectivo de ampliar a cobertura de banda ancha ao 100% da poboación. Dito plan prevé unha inversión de 4.000 millóns de euros para estender a conectividade, acelerar o despregue de redes 5G e impulsar un ecosistema de ciberseguridade.
A primeira convocatoria lanzada tivo un orzamento de 250 millóns de euros e inclúe 52 lotes ou zonas de concorrencia que coinciden con outras tantas provincias do mesmo xeito que no anterior Programa de Extensión de Banda Ancha (PEBA-NGA), coa diferencia de que se pasa do desfasado nivel de entidade singular de poboación
ao actual nivel de parcelas de catastro (moito máis fácil de utilizar á hora de facer un seguimento detallado das actuacións e obras que se están facendo).
Esta convocatoria permitiu desenvolver proxectos de despregamento que permiten estender, como mínimo, a cobertura a 316.500 unidades inmobiliarias (fogares e empresas) que se atopan distribuídas nas zonas de concorrencia. A maioría delas (265.240) haberán de estar situadas en zonas brancas, que son aquelas que non dispoñen de cobertura de redes de velocidade de polo menos 30 Mbps, nin plans
para a súa dotación no próximos tres anos. O resto están situadas en zonas grises, aquelas zonas que só dispoñen de cobertura de banda ancha de nova xeración ou de previsións para a súa dotación no prazo de 3 anos por parte dun só operador.
Polo exposto diriximos a seguinte petición de información ao /Alcaldesa Presidente de esta Corporación Municipal en formato de
PREGUNTA
En que rúas e con que empresa operadora de telecomunicacións se están levando a cabo (ou se levarán) as acometidas e traballos precisos para dar concreción as directrices e medidas recollidas no plan UNICO-Banda Ancha conseguindo o despregue de infraestruturas de banda ancha de alta velocidade para ampliar a cobertura ao total da veciñanza de este concello?