Ribadavia mantén a tendencia á baixa reducindo os casos ata os 87

O concello de Ribadavia baixa dous casos ata os 87 contaxios. Avión mantén 54 casos activos. Leiro baixa cinco casos ata os 31 contaxios. Arnoia baixa tres casos ata os 17 contaxios. Carballeda de Avia baixa un caso ata os 14 casos. Castrelo de Miño sobe un ata os 12 positivos e Cortegada baixa dous ata os 9, mesma cifra ca Melón. Cenlle mantén 6 casos e Beade mantén 4 casos.

A comunidade galega rexistra hoxe 4.586 contaxios. O número de casos activos descenden hoxe ata os 60.720. A ocupación das camas dos hospitais descende. Do total de pacientes positivos en Galicia, 41 (-3) están en UCI e 663 (+21) en unidades de hospitalización.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 529 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais baixan hoxe ata os 6.129 casos activos. Os hospitais hoxe presentan 89 (+2) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 3 (-1)  na UCI.