A Xunta continúa o Plan de Formación de persoal de Servizos Sociais na Residencia de Tempo Libre

IES CHAMOSO LAMAS

A Xunta continúa a impartir o primeiro Plan de Formación para persoal de servizos sociais no que se aborda, entre outras materias, as novidades normativas en materia de discapacidade. O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou hoxe os participantes que asistiron a esta sesión formativa sobre a Lei 8/2021 de atención ás persoas con discapacidade na Residencia de Tempo Libre do Carballiño.

Entre os asistentes encóntranse profesionais de 16 entidades sociais de Galicia como a Asociación Atox, a Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home, C.T.V.A. A Valenzá, o Centro de Inclusión María Nazarena e persoal implicado na Fundación Pública para a Tutela de Persoas Adultas (Funga).

HIPER MASIDE

O Plan de Formación Continuada iniciouse o pasado mes de novembro  e está dirixido a máis de 10.000 profesionais e conformado por 300 actividades e máis de 6000 horas. Este plan permite atender as dúbidas e formar os profesionais dos diferentes centros nas técnicas máis avanzadas. Os contidos deles irán desde novidades normativas ata aspectos máis tecnolóxicos ou sociais.