O Cine Club proxectará este venres o filme “Seis días corrientes”

Este venres día 4 de febreiro o Cine Club continúa co cine español, neste caso con unha comedia, a última película de Neus Ballús, Seis días corrientes. Relata a vida durante unha semana de tres traballadores dunha empresa de fontanería e electricidade nas aforas de Barcelona. Unha comedia tenra e inclasificable que derrocha encanto, con unha gran actuación dos seus tres protagonistas, actores amateurs. Un deles, Valero Escolar, Premio ao mellor actor no Festival de Loncarno. O filme acadou tamén o Premio do Público e a Espiga de Prata no Festival de Valladolid. Os pases serán os dous en castelán, tanto o das 20:00 horas como o das 22:30 horas, no Auditorio Manuel María do Carballiño.