O Concello de Ribadavia recupera un novo espazo no casco histórico

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello recupera este novo espazo coa intención de recuperar parte do seu patrimonio cultural e urbano. Os traballos levados a cabo consistiron en tarefas de limpeza, xa que o solar tivo que ser baleirado, desentullo, retirada de cascallos e adecentamento de todo o espazo público que antigamente ocupaba este forno.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Estes traballos deixaron a luz o forno que estaba no corazón do Casco Histórico de Ribadavia e que lle daba nome á rúa na que estaba ubicado. Agora, poden contemplarse os restos e visitar o antigo forno. Con esta iniciativa, o Concello crea un novo espazo que se quere recuperar, un lugar para estar e unha nova praza no conxunto monumental de Ribadavia, tamén patrimonio arqueolóxico para ver e coñecer.

En breve abrirase ao público, en horario diurno, pechándose polas noites. Está pendente só a mellora de portas- cancelas do solar, axardinamento dunha parte do mesmo, e a colocación da porta antiga do forno, que se atopa en fase de restauración.  

Esta intervención forma parte do plan integral que o goberno puxo en marcha en 2021 co obxectivo de potenciar e mellorar o coidado da zona monumental de Ribadavia. Dende o concello de Ribadavia aseguran que se teñen realizado melloras notables, como a limpeza e adecentamento de todas as rúas do centro histórico, limpeza de pintadas e actos vandálicos, mellora de espazos públicos como o local da Madalena, e inicio das obras da praza Porta Nova de arriba, así como a posta en marcha da reforma e rehabilitación de 4 inmobles ruinosos que eran propiedade do Concello.