Espazo Común remite ao alcalde unha solicitude coa documentación necesaria para aclarar a situación do Asilo do Carballiño

Segundo o compromiso adquirido no pleno do pasado día 26, na Xunta de Voceiros do mércores día 9, ten que se facer entrega da mesma.Despois de ano e medio de dúbidas e escurantismo, faise necesario arroxar luz sobre o todo o relacionado coa Fundación Irmáns Prieto e respectar o seu espirito orixinal

O Grupo Municipal de Espazo Común ven de rexistrar unha solicitude coa documentación necesaria para que o alcalde Fumega cumpra co acordado no pleno do pasado día 26.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Padroado, a Fundación e o Asilo dos Irmáns Prieto, forman parte da identidade do Concello.

A falla de transparencia na xestión e o abandono das súas responsabilidades por parte dos sucesivos alcaldes nos ultimos anos, fan indispensable e urxente a creación dun modelo transparente, claro e que cumpra co obxectivo dos benefactores que as crearon: coidar aos maiores e necesitados do Carballiño e a súa comarca.

Para acadar esta meta, faise imprescindible coñecer a situación real actual da institución e os porqués dalgunhas das decisións tomadas nos últimos tempos, polo que pedimos concreción e que se nos faciliten os seguintes datos:

-Conforme ao acordado na pasada sesión plenaria do día 26 de xaneiro de 2022 e de cara á vindeira xunta de voceiros, ESPAZO COMÚN propón:

  1. Que se celebre dita xuntanza na data correspondente do mes de febreiro, o mércores día 9.

  2. Que na orde do día se inclúan ademáis do que se considere oportuno, os seguintes temas:

   – Copia da acta ou escritura fundacional do Padroado dos Irmáns Prieto do ano 1913.

   – Estatutos do Patronato

  – Documentación sobre a creación da Fundación Irmáns Prieto e tódalas adaptacións e modificacións posteriores.

   – Relación-inventario dos bens cos que se constitui inicialmente o Padroado e situación actual do inventario, documentada no Rexistro da Propiedade e en Catastro.

   – Inventario de bens da Fundación Irmáns Prieto.

   – Situación da xestión dos bens ubicados fóra do Carballiño (Madrid, Ourense, etc..)

   – Expliación do modelo de xestión dende que as Hermanitas de los Ancianos Desamparados deixaron a institución.

   -Actas onde se recollen o nomeamento da dirección e as decisións relacionadas co cambio de modelo de xestión.

   – Balances económicos e inventario de bens remitidos á Xunta de Galicia nos últimos cinco anos.

   – Explicación do modelo de contratación do persoal e modificacións nas condicións do mesmo.

   – Detalle das compras a proveedores dos últimos 5 anos.