Ismael Serrano no Teatro Afundación Vigo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

I «Seremos» é o novo álbum dun dos referentes indiscutibles da canción de autoría contemporánea

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

I As entradas para este concerto están dispoñibles a través de Ataquilla.com

I Este evento está incluído no programa «Cultura por alimentos», mediante o cal Afundación anima os participantes nas súas actividades a doar alimentos non perecedoiros nos contedores habilitados ao efecto

Afundación, a Obra Social de ABANCA, acollerá no seu Teatro Afundación Vigo o próximo 18 de febreiro ás 20.30 h o concerto de Ismael Serrano presentando o seu novo traballo, «Seremos». A voz e as letras do aplaudido cantautor español son un referente dentro do panorama musical contemporáneo. As entradas para este espectáculo están dispoñibles en Ataquilla.com.
Afundación, a Obra Social ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, invita as persoas que acudan a este concerto a colaborar con «Cultura por alimentos», un programa que quere contribuír, a través de doazóns solidarias de alimentos non perecedoiros, que poderán depositar á entrada do teatro, a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia.
As imaxes están dispoñibles aquí:
https://drive.google.com/drive/folders/1NEzRK95hL_Bg-rWdtVpO5ScXeU3iwVUz?usp=sharing

Tras sete anos desde «La llamada» e o éxito no lanzamento dos seus discos «20 años», «Hoy es siempre» e «Todavía», Ismael Serrano presenta «Seremos», o esperado novo álbum do cantautor madrileño co que se posicionou durante as primeiras semanas nos primeiros postos das listas de vendas. Con este disco, Ismael Serrano lánzase á estrada para compartir cos seus seguidores estas novas cancións e os seus éxitos de sempre
«Seremos» é unha viaxe de autodescubrimento, un disco que representa un fito na carreira de Ismael Serrano como expresa o xornalista Manuel Jabois na súa biografía: «Por aí se entenden estas trece cancións que levantan un corpus extraordinario, o dun poeta en estado de graza que sacude as contradicións e destrúe os tópicos onde os prexuízos máis preguiceiros o inclúen». En palabras do propio Serrano: «Aínda que case sempre as cancións adoitan render tributo ao pasado, hai melodías e versos que teñen vocación de futuro. Creo que este disco comparte esa mirada».
Acompañado de Jacob Sureda (piano) e Irene Rouco (cello), Ismael Serrano presentará un concerto nun formato máis íntimo, máis teatral, para contar novas historias, con outros tempos, con outras cancións e con outra mirada.