O Carballiño rexistra un leve repunte ata os 197 contaxios activos, 14 máis ca onte

A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, sobe hoxe 14 casos, ata un total de 297. Maside mantén os 42. San Cristovo de Cea baixa ós 41 casos. Ribadavia conta con 91 contaxios. Avión presenta 79 casos activos, unha cifra moi superior á xornada de onte. Todos os demais concellos presentan menos de 40 casos activos.

A comunidade galega rexistra hoxe 5.889 contaxios. O número de casos activos ascenden hoxe ata os 61.716. A ocupación das camas dos hospitais equilíbrase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 44 (+4) están en UCI e 637 (-4) en unidades de hospitalización.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 527 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais soben hoxe ata os 6.103. Hoxe hay 96 (+5) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 4 (+1)  na UCI.