Lamentan que un alcalde que non foi elixido pola veciñanza non cumpra ca lei e co acordado aprobado no pleno de organización do mandato de convocar os plenos os xoves de cada dous meses.
O alcalde cercena o dereito dos concelleiros a defender a media ducia de mocións pendentes de ir a pleno e facer a súa función de control do goberno o non convocar os plenos como estable a propia lei.
O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou unha MOCIÓN DONDE INSTA Ó CONCELLO Á CELEBRACIÓN DOS PLENOS CADA DOUS MESES SEGUNDO MARCA A LEI DA ADMINISTRACIÓN LOCAL DE GALICIA E NO ULTIMO XOVES DE CADA DOUS MESES SEGUNDO SE APROBOU NO PLENO DE ORGANIZACIÓN DO PRESENTE MANDATO.
Os socialistas teñen achegado nos últimos meses media ducia de mocións que están a espera da convocatoria do pleno ordinario que fai mais de 4 meses que non se convoca cando o artigo 210 da Lei da Administración local de Galicia establece que; “a) El Pleno celebrará sesión ordinaria, como mínimo, cada dos meses…”
Que ademais no pleno de organización do pasado 12 de xullo de 2019 no punto “3. Establecer a periodicidade das sesións plenarias…” aprobouse por unanimidade convocar/celebrar os plenos do Concello de O Irixo o último xoves de cada dous meses como data fixa para a celebración dos plenos ordinarios que marca lei da Administración local de Galicia.
Lamentan os socialistas que o alcalde de O Irixo que vive e cobra do Concello de O Irixo, non teña o mínimo respeto pola corporación municipal, pola democracia e a lei e non convoque os plenos en tempo e forma CERCENANDO O DEREITO DOS CONCELLEIROS DA OPOSICIÓN A DENFENDER A AS SUAS PROPOSTAS PENDENTES E FACER A SUA FUNCIÓN DE CONTROL DO GOBERNO.