A Deputación de Ourense presta o servizo de recollida de aceite en 70 concellos da provincia

Campaña de contedores de aceita para os concellos da provinica.
IES CHAMOSO LAMAS

A Deputación de Ourense está a prestar o servizo de recollida de aceite de orixe doméstico en 70 concellos da provincia. Coa posta en marcha desta alianza de cooperación entre a administración provincial e os municipios adheridos a este servizo,  instaláronse na vía pública 280 contedores para a recollida de botellas e envases de aceite usado -no lugar acordado previamente con cada concello-, correspondéndolle a cada municipio un contedor por cada 500 habitantes. A principal novidade para este ano é que os novos contedores instalados son “moito máis grandes e cómodos, facilitando aos veciños a reciclaxe deste residuo”, sinala o deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez.  

Por medio dun convenio de colaboración entre a Deputación e cada concello, a institución provincial comprométese tamén á recollida e ao transporte do contido dos colectores, así como a súa limpeza, conservación, mantemento integral e o seu destino. “O obxectivo é dotar aos concellos de infraestruturas adaptadas para a recollida de aceite, para que a veciñanza poida depositala nos lugares indicados e contribuír, entre todos, a reducir os gases do efecto invernadoiro e axudar á loita contra o cambio climático”, valora Pablo Pérez.  

HIPER MASIDE

No marco deste convenio, tamén se contempla a realización de campañas de información entre a poboación, “para intercambiar información entre a administración e a cidadanía, que permitan acercar a problemática da xeración de residuos á poboación, e, ao mesmo tempo, que sirvan de vía para compartir as experiencias de cada un dos participantes”, explica Pablo Pérez. De feito, neste primeiro semestre de 2022, “realizaranse cinco xornadas de concienciación ambiental dirixidas a centros escolares a cargo de educadores expertos neste ámbito, co obxectivo de implicar aos máis cativos e trasladarlle a importancia da reciclaxe para combater o cambio climático”, engade o deputado provincial de Cooperación. 

Os quilos de aceite recollido pola Deputación duplicáronse en dous anos 

No ano 2018 recolléronse un total de 7.483 kg de aceite doméstico; 11.533 kg no 2019; e no 2020 14.714 kg. “Unhas estatísticas que demostran que se está a producir un incremento importante da recollida deste residuo (chegando a duplicarse case en dous anos), amosando o éxito da posta en marcha deste servizo e da implicación e da concienciación cada vez maior da nosa veciñanza coa reciclaxe”, di Pablo Pérez.  

Este servizo de recollida de aceite opera cun servicio de Smart Waste Management ou de Xestión Intelixente de Residuos no que os contedores están equipados cun sistema de detección IoT (Internet of Things) que comunica en tempo real o nivel de enchido dos equipos, permitindo así a optimización das rutas, evitando o desbordamento do contedor e aumentando a eficiencia enerxética. En consecuencia, isto permite que se reduzan as emisións de GEI asociadas ao transporte de aceite de orixe domestico. Os problemas ambientais derivados de non realizar o depósito directo de aceite usado supoñen un agravio importante para o medio ambiente, provocando a contaminación da auga, do chan e a obstrución de tubaxes que pode levar a inundacións de fogares e a contaminación de masas de auga con augas residuais.