Carlos Rodríguez, novo presidente do Centro de Estudos Chamoso Lamas

Carlos Rodríguez, periodista, escritor e o último responsable de prensa do concello do Carballiño, foi elixido como o novo presidente do Centro de Estudos Chamoso Lamas. Hoxe falamos con el deste novo proxecto, e tamén do propósito de crear unha biblioteca cos libros e documentos da entidade para achegalos sobre todo ós mozos.

Carlos Rodríguez forma parte desta entidade como membro fundador, dende fai máis de vinte anos. Tamén fai un balance de como foi a súa evolución no tempo, e cales son os seus obxectivos actuais, como celebrar o congreso deste ano, logo dun parón pola pandemia, seguir potenciando as andainas culturais e algunhas charlas coloquio.

AVANTAR ACTIVIDADES