Galicia estuda alixeirar o uso da máscara en exteriores

Ante a evolución sanitaria da comunidade galega, e logo de superar o pico máximo da sexta vaga, tanto o comité clínico como a Xunta de Galicia estudan a idoneidade de volver a unha situación de medidas sanitarias previas ás implantadas no Nadal. Deste xeito, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou das propostas que trasladaron á Comisión de Saúde. Entre elas destaca a posibilidade de reducir as corentenas a cinco días, pero so nalgúns casos concretos.

Tamén consideran que é o momento de volver atrás nas medidas e alixeirar o uso da máscara en exteriores, recuperando certa liberdade previa á explosión de contaxios vivida.

AVANTAR ACTIVIDADES