O BNG acusa ao Goberno PP – DO de mentir á veciñanza ao negaren a mutación dos edificios que albergaban as aulas da UPO

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os nacionalistas veñen de verificar que recentemente levouse a cabo o cambio de usos dos edificios coa Deputación que pese a negalo continuamente leva máis dun ano realizado

 Ao longo dos últimos meses, desde o Grupo Municipal do BNG viñan advertindo do cambio de usos entre Concello e Deputación dos edificios que albergaban as aulas da Universidade Popular por un lado, sitas na rúa da canle número 45 e a escola de Artes e Oficios, na rúa da Barreira nº 2  por outro.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

 Segundo os nacionalistas, desde o Goberno PP – DO negouse constantemente este cambio de usos pese a ser algo claramente visíbel xa que como ben afirma a concelleira Rhut Reza “as instalacións da escola de Artes e oficios na rúa da Barreira levan meses funcionando como a nova oficina de Rexistro Municipal e sen un título xirídico suficiente que o habilite”.

 Igualmente, desde o BNG constataron, pese as continuas negativas do goberno, a ocupación das antigas aulas da UPO por parte da Deputación, quen trasladou recentemente alí a Escola de Artes e Oficios.

 No día de hoxe, o BNG tivo acceso ao expediente no que se da forma a dita mutación demanial e onde queda claro que dito intercambio leva funcionando pola vía dos feitos desde hai máis dun ano.

 Segundo Reza “este feito demostra que o Goberno PP – DO leva mentindo ao longo de todo este tempo” ao que engade, “resulta curioso e vergoñento o papel xogado polo PP quenes públicamente e mesmo en pleno se posicionaron sempre a favor do mantemento da UPO e mesmo chegaron a solicitar un aumento das súas instalacións ao tempo que votan a favor en XGL de ceder á Deputación as propias instalacións nas que se prestan as aulas da UPO, deixando a esta sen instalacións onde poder impartirse”.