O BNG urxe celeridade na execución das obras do campo de fútbol de Velle

Na reunión desta mañá do CMD os nacionalistas solicitaron a convocatoria urxente dunha reunión entre representantes políticos, clubs e dirección de obra para coñecer os pormenores da execución

Na reunión do Consello Municipal de Deportes celebrada este venres 04 de febreiro, o BNG reclamoulle ao concelleiro delegado celeridade na execución das obras que se están levando a cabo no Campo Monte da Aira en Velle.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ditas obras acumulan importantes retrasos e desde o BNG queren coñecer os motivos dos mesmos. Así mesmo afeáronlle ao concelleiro de deportes o feito de que ningún representante do Goberno Local se achegase ate alí para verificar o cumplimento do proxecto xa que tal e como avanzan os nacionalistas, estase pretendendo executar a obra aproveitando material usado e presente xa na instalación.

Por este motivo, o Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense solicitou esta mañá, a convocatoria urxente dunha reunión entre grupos políticos, clubs e dirección de obra para coñecer os pormenores da execución e  o grao de cumprimento do proxecto.

Postos vacantes Administrador e Xerente

Igualmente desde o BNG cuestionaron que a día de hoxe continúen vacantes os postos de Administrador e Xerente do Consello Municipal de Deportes e a pouca previsión por parte do executivo local á hora de cubrir ambos postos, cando desde hai meses era sabido que quedarían vacantes.