O concello de Boborás promove un curso para o uso de mapas no ordenador

O concello de Boborás celebrará un novo curso de iniciación en ordenador, neste caso para explicar o uso dos mapas. A actividade será os días 8, 10, 11, 14 e 15 de febreiro no Edificio Cultural Chamoso Lamas de Boborás, ao lado do colexio. Farán un percorrido moi ameno por Google Maps, OpenstreeMaps, Catastro, Sigpac/Sixpac e Wikiloc.

Ensinarán a localizar direccións, fincas, buscar coordenadas,  etiquetar lugares, medir fincas e distancias, descargar mapas e moito máis.

AVANTAR ACTIVIDADES

As inscricións poden facerse no teléfono 988 40 20 08.


VIDEO SPOT BOBORÁS en BADAL TV