CxG de Punxín pide explicacións ó alcalde por vulnerar a legalidade urbanística

O voceiro de Compromiso por Galicia de Punxín, compareceu esta mañá para pedir explicacións por un acontecemento do que tiveron noticias con respecto ó grupo de goberno. Eladio Fernández asegura que o alcalde, e responsable de urbanismo, vulnerou a legalidade urbanística ó pedir un permiso de reforma da súa vivenda e facer unha obra de derrubo e nova construción.

Os feitos xa foron denunciados ante a APLU e hai un expediente aberto para a súa investigación. O voceiro acusa ó alcalde de utilizar as súas funcións en beneficio propio.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por este motivo, Compromiso por Galicia pide a celebración dun pleno extraordinario no prazo de oito días, no que van a solicitar explicacións, e no que pedirán a dimisión do alcalde, considerando que non pode seguir exercendo como máximo responsable municipal.