Un grupo veciñal sen estar asociado, convocou este sábado, na Praza Maior do Carballiño, unha manifestación en defensa dos dereitos e de manter vivo o lego do Asilo dos Irmáns Prieto. Aseguran que este acto está motivado pola confusión creada entre os veciños polas noticias e dubidas aparecidas ultimamente con respecto a xestión deste asilo.
As 12 da maña empezouse a concentrar a xente na praza maior. O acto ao que se sumaron as asociacións de veciños Camiño e Carballiño consistiu na concentración na praza cunha pancarta co lema ” O Carballiño en defensa do Asilo “

Ali mesmo leeuse un comunicado por unha veciña membro dunha das asociacións mencionadas.
Posteriormente empezou a manifestación que rematou no Asilo. O número de veciños e veciñas que participarón nos dous actos superou os 400.



COMUNICADO DAS ASOCIACIÓNS:

