A Comisión Europea recoñece a Vox que aínda segue aberto o novo regulamento de control da pesca

Pescadores recogiendo sardinas en la costa senegalesa de Joal Fadiout. Senegal

O Comisario de Pesca da UE comparte as propostas de VOX para que a nova lexislación sexa “proporcionada, fácil de aplicar e de controlar”.

VOX trasladou hai semanas ao Comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca da UE, Virginijus Sinkevič ius, as súas preocupacións sobre as negociacións do novo regulamento de control de Pesca, e o seu impacto nalgunhas rexións españolas como Galicia.
O Comisario da UE contestou, mediante unha carta dirixida á delegación de VOX en Europa, recoñecendo as dificultades que actualmente existen na negociación desta normativa. Por exemplo, en materia de pesca comercial sen buque.
Ademais, sinala que algunhas propostas de Parlamento Europeo e Consello non son do agrado da Comisión, mentres que si comparte as propostas de VOX para aplicar unha lexislación de maneira proporcional, e que sexa de fácil aplicación e control.
O Comisario ha traslado ao Vicepresidente Dombrovskis e ao Comisario Gentiloni a petición de VOX para que se defenda con forza e responsabilidade no seo da Organización Mundial do Comercio as subvencións á pesca, e que non se inclúa a desgravación fiscal por combustibles, que podería prexudicar a algúns portos españois como o de Vigo.

AVANTAR ACTIVIDADES