Mañá a Unidade Móbil de Doazón de Sangue estará en Arenteiro, Piñor

Mañá martes, na Praza do Pobo de Arenteiro, no concello de Piñor, das 18:30 horas ás 21:00 horas estará a Unidade Móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue.

Lembramos a importancia que ten a doazón de sangue, para poder atender a demanda e necesidade dos hospitais, xa que as reservas están ao límite.

Recordamos que pode acudir calquera persoa con ou sen cita previa, que estea san, sexa maior de 18 anos e menor de 65 anos, non ter unha cirurxía, tatuaxes ou perforacións en menos dun ano, pesar máis de 50 quilos e non estar tomando medicamentos.

PUBLICIDADE ELECTORAL

VIDEO SPOT PIÑOR en BADAL TV