Hoxe 15 casos menos por covid no Carballiño para un total de 233

Parece que se mantén a tendencia a baixa e dos 489 casos que chegamos a ter o día 12 de xaneiro ( cifra récord ao longo de toda a pandemia ) pasamos a 233 no día de hoxe.

Con respecto a onte pasamos de 248 a 233 ( 15 casos menos )

Na comarca o comportamento é desigual. Aumentase algo nalgúns concellos ( O Irixo, Piñor, Punxín e San Amaro ) e baixase noutros ( Beariz, Boborás e Maside) Mantense Cea.

PUBLICIDADE ELECTORAL