O Carballiño debate a discriminación por idade e a calidade de vida dos maiores

Onte pola tarde, no Auditorio Municipal Manuel María, tivo lugar a xornada “O Idadismo, discriminación por mor da idade”, organizada polo Consello da Cultura Galega e a Valedora do Pobo, que estiveron neste acto, acompañados polo alcalde, Francisco Fumega.
Nela pretendíase abordar os prexuízos socioculturais asociados a certas idades e que se asumen como normais.

A xornada tivo a finalidade de abordar as novas circunstancias xeradas polo idadismo: o avellentamento, para que sexa digno e saudable. A presidenta do Consello da Cultura Galega destacou outros estigmas que acrecentan o problema, como o rural, o ser muller ou o tan actual acceso ás entidades bancarias.

AVANTAR ACTIVIDADES

A valedora do pobo destaca a importancia de este debate e do esforzo de poñer fin a esas discriminacións, xa que ás persoas maiores debémoslle este mundo e o poder vivir mellor do que o fixeron eles. E destacou a súa loita, máis dura, contra esta pandemia.

O alcalde do Carballiño quixo destacar o aumento da calidade de vida en maior idade, un avance con respecto a anos atrás. Tamén fixo referencia ó estudo municipal de control sobre as persoas que viven soas, un estudo feito por rangos de idade e xeolocalizado.