O Cine Club ofrece unha doble programación este venres e domingo

Esta fin de semana o Cine Club presenta de novo dobre programa, coas proxección habituais dos venres e unha proxección especial o domingo. O venres día 11 ofrecerán o filme británico dirixido por Uberto Passolini “Cerca de ti”, gañadora do Premio do Público no Festival de Valladolid. Os pases serán ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS, ambos no Auditorio Manuel María do Carballiño.

E tamén no auditorio, pero neste caso o domingo día 13, ás 19:00 horas, en versión dobrada ao castelán, proxectarán a última película de Julian Temple, “Crock of gold”, Premio do Xurado no Festival de San Sebastián, filme centrado na figura de Shane MacGowan, poeta e músico, líder da banda The Pogues. Unha película divertida, triste, incrible e diferente, como a vida do seu protagonista. 

AVANTAR ACTIVIDADES