O uso da máscara en exteriores deixará de ser obrigatoria dende mañá xoves

O Ministerio de Sanidade aprobaba onte a non obrigatoriedade do uso da máscara en exteriores, unha medida reclamada polas comunidades, entre elas Galicia, e que se espera que entre en vigor dende mañá xoves, día 10. A pesar diso, recoméndase o seu uso cando se produzan aglomeracións e cando non se poida garantir a distancia de seguridade de 1,5 metros. Así, por exemplo, seguirá sendo obrigatoria en partidos de fútbol, concertos e eventos.

Neste sentido, o Goberno galego aposta por relaxar o uso da máscara ao aire libre e considera que todas as Comunidades deben ter as mesmas normas para non entrar en contradicións, para o que demanda un criterio claro e oficial para adoptar en citas como o Entroido.

AVANTAR ACTIVIDADES