Tiruleque, Grupo de Teatro anuncia a Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón”

Unha vez máis, coma tódolos anos, e á espera de seguir así por moitos máis, Tiruleque, Grupo de Teatro anuncia a Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón” a celebrar en outono no Carballiño, que nesta ocasión vai na súa XV edición, e ofrécevos a participar nela de conformidade coa Solicitude e as Bases que se engaden co presente comunicado.

Novamente debemos destacar que as Bases teñen novidades con respecto ás do pasado ano, polo que é importante que lle botedes unha ollada con atención, xa que entre outras cousas o prazo para presentar os traballos remata o mércores, primeiro de Xuño de 2022, e ábrese á posibilidade de presentar obras no formato de microteatro.

AVANTAR ACTIVIDADES

BASES Premer na Imaxe :


Folla de Inscrición Premer na Imaxe: