Fin das restricións de horario na hostalería galega

A partir do sábado poderán abrir segundo as limitacións que teñan na licenza, así o decidiu o comité clínico na súa última reunión.

A Xunta solicitou ao TSXG que se renove a vixencia do certificado covid

A partir desta fin de semana deixará de haber restricións horarias na hostalería en Galicia, que poderá funcionar segundo as limitacións da súa licenza. Os horarios volven ao estado prepandemia.

PUBLICIDADE ELECTORAL

Así o anunciou este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. « Chegou ou momento de eliminar prohibicións e centrarse nas recomendacións». Os cambios nas restricións que neste momento están en vigor na hostalería deixarán de estar vixentes na medianoite deste sábado. Iso inclúe tanto bares e restaurantes como o lecer nocturno, salóns de voda e calquera outro local hostaleiro. «Non imos facer distincións».

Con todo, si que seguirá en vigor, en principio, é tanto a limitación de comensais por mesa (oito interior e 15 en exterior) como o uso do certificado covid