Ribadavia recupera o Entroido pero sen desfile de comparsas.

O Concello de Ribadavia recupera este ano o Entroido, despois de que o ano pasado non puidera habelo pola situación Covid.

Non haberá desfiles de comparsas, pois os protocolos establecidos pola Xunta dificultan a súa organización e percorrido.

O Concello propón un programa de Entroidoactivo co obxectivo de manter vivo o espírito do entroido ribadaviense, tras o parón obrigado do ano pasado. Así, a pesar de que a situación Covid non é a desexada, consideramos que era importante programar actividades para este entroido.

PUBLICIDADE ELECTORAL

– Compadres: 17 de febreiro, desde o Concello colaborase coa festa de compadres organizada polo veciños.

– O xoves 24 o Concello tamén colabora co Colexio CEIP Ribadavia nas súas actividades de Entroido. Neste día de comadres, as organizadoras decidiron cancelar a festa.

– 26 febreiro (Sábado de entroido): Charla arredar da figura do histórico músico Luís Brage, que será a cargo de Xosé Ramón Pousa (DECANO Facultade de Xornalismo de Santiago de Compostela).

Este día pola tarde comezarán as actividades festivas con pasarrúas a cargo dos Tabaleiros da Istoria, e un Concerto de “soul&roll” na Praza Maior.

– 27 de febreiro (domingo de entroido): pasarrúas da CHARANGA Jalácticos pola mañá e tarde, e festa disfraces para todas as idades pola tarde na Alameda. Ademais, daranse Premios aos mellores difraces.

– O 28 febreiro, luns, haberá animación de Entroido na Praza Maior, con DJ Tibu e actuación do artista musical PAKOLAS.

– 1 marzo, Martes de entroido: pasarrúas CHARANGA OT. Obradoiro de repostería e orellas de entroido para crianzas, na OMIX. Pasarrúas do Tabaleiros da Istoria e actuación da CHARANGA OT na Alameda.

– 2 marzo (mércores): O Concello colabora coa asociación que organiza o Enterro da Sardiña, unha actividade de moita tradición en Ribadavia grazas a este grupo de veciños que o organiza todos os anos.

– Como novidade este ano o Concello programará no Sábado de Piñata un concerto a cargo do grupo de LAS CRUCES. Na praza Maior.